Plan Renove para talleres de reparación de vehículos, adquisición de equipamento e adecuación das súas instalacións Imprimir
Mércores, 20 Abril 2011 12:30

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria das bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das Subvencións da Consellería de Economía e Industria para incentivar actuacións de investimento en equipamento e/ou instalación en establecementos dedicados á reparación de vehículos en Galicia, Plan Renove para talleres de reparación de vehículos.


Poderán ser beneficiarias, sempre que cumpran cos requisitos de microempresa, as persoas xurídicas validamente constituídas no momento da presentación de solicitudes, as persoas físicas e as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas sen personalidade, sempre que teñan o centro de traballo, ao que destinen os bens e/ou as instalacións obxecto de subvención, radicado na Comunidade Autónoma de Galicia, e que acrediten a inscrición da súa actividade, no epígrafe 691.2 Reparación de vehículos automóbiles, bicicletas e outros vehículos do IAE (Imposto sobre Actividades Económicas).

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 07 de outubro de 2011.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.