Fase Final do Torneo de Natación en Ourense Imprimir
Mércores, 05 Maio 2010 12:07

O vindeiro 8 de maio, a partir das 10.30 horas, a piscina climatizada do Pavillón de Os Remedios (Ourense) acollerá a Fase Final do Torneo de Natación, no que participarán 30 nenos/as do Club de Natación de Verín.

Esta competición, organizada por Xogade (Xogos Galegos Deportivos), está dirixida a nadadores de ambos sexos, sen licenza federativa en vigor -a excepción da Licenza da Escola de Natación-, nas categorías de benxamín -nados nos anos 2000, 2001 e 2002- e alevín -1998 e 1999-, e que competiron individualmente nas seguintes probas: 25 metros bolboreta benxamín, 50 metros bolboreta alevín, 25 metros costas benxamín, 50 metros costas alevín, 25 metros braza benxamín, 50 metros braza alevín, 25 metros crol benxamín, 50 metros crol alevín, 4x25 metros estilos benxamín e 4x50 metros estilos alevín.

Os/as nadadores verinenses foron seleccionados na Fase Local, que tivo lugar o pasado 27 de febreiro na Piscina Climatizada de Verín, e na que participaron cincuenta nenos/as.