Festa Acuática na Piscina Climatizada de Verín Imprimir
Venres, 17 Xuño 2011 12:50

A Piscina Climatizada de Verín acollerá vindeiro venres 24 de xuño, a partir das 16 horas, una festa infantil para os/as nenos/as dos cursos de natación desta instalación municipal, con motivo da clausura dos mesmos.

Nesta actividade participarán un total de 240 nenos/as en dúas quendas: 16 a 18 horas (nenos/as con idades comprendidas entre os 4 e 6 anos) e 18 a 19.30 horas (de 7 a 16 anos). Esta festa acuática contará con dous inchables e dúas gymkanas, así como co reparto de agasallos e doces entre os/as participantes.

Para participar na mesma é necesario inscribirse antes do 22 de xuño nas instalacións da Piscina Climatizada de Verín, en horario de 7 a 12.30 e de 16 a 23.

A Festa Acuática é a última das actividades enmarcadas nas V Xornadas de Deporte e Saúde, organizadas polo Concello de Verín e destinadas a desenvolver políticas activas para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, promovendo a saúde a través dunha alimentación saudable e a práctica de actividade física regular.