As EDF do Concello de Verín compiten na Copa Deputación de Fútbol Imprimir
Xoves, 05 Maio 2011 12:07

Durante este fin de semana os equipos de cadetes, infantís, alevíns e benxamíns das Escolas de Fútbol do Concello de Verín competirán na Copa Deputación de Fútbol.

Despois da súa brillante clasificación para a Liga Galega de Cadetes, este equipo disputará o partido de ida das semifinais desta competición fronte ao CD Ourense o sábado 7 de maio, ás 17 horas, no complexo deportivo A Granxa. Mentres que o grupo de infantís, tras lograr o quinto lugar na Liga Regular de Fútbol, xogará o seus partido de ida destas semifinais fronte o CD Ourense, o domingo 8 de maio, ás 10.30 horas, no campo dos Salesianos.

Na segunda categoría de alevíns, os xogadores verinenses enfrontaranse ao CD Ourense C, tamén na Copa Deputación, o día 8 de maio, ás 12 horas, no campo dos Salesianos. E xa na categoría de benxamíns o Verín C xogará contra o Ponte Ourense, no complexo deportivo A Granxa, o 8 de maio a partir das 11 horas; mentres que o Verín B enfrontarase ao CD Ourense B ese mesmo día e lugar, ás 12 horas.