O Mundo Dixital |
Xoves, 17 Decembro 2009 12:36 |
O departamento de Educación Familiar do Concello de Verín organiza ‘O Mundo Dixital’, entre os días 23 de decembro e 8 de xaneiro de 2010. Esta actividade gratuíta, cun máximo de 20 prazas, está destinada a nenos/as con idades comprendidas entre os 9 e 12 anos co fin de que aprendan informática de forma educativa e lúdica, e que se converta nunha ferramenta de estudio. Para máis información e inscrición debe dirixirse á oficina de Educación Familiar (Casa da Xuventude -Avda. de Portugal, 11Bis-) ou no teléfono 988-414776. |