Procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral |
|
Luns, 18 Novembro 2013 12:04 |
Desde o Punto de Información e Asesoramento Educativo Municipal do servizo municipal de Educación Familiar infórmase da publicación da resolución do 6 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
Convócase o procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, nas seguintes unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais :
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: 500 prazas. Inscrición ata o 13 de decembro. - Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais: 500 prazas. Inscrición ata o 13 de decembro - Servizos para o control de pragas: 100 prazas. Inscrición ata o 13 de decembro - Socorrismo en espazos acuáticos naturais: 300 prazas. Inscrición dende o 1 a 31 de marzo de 2014. - Socorrismo en instalacións acuáticas: 300 prazas. Inscrición dende o 1 a 31 de marzo de 2014. Información xuvenil : 100 prazas. Inscrición ata o 13 de decembro.
Hai dúas vías de inscrición:
- Solicitantes que acrediten experiencia laboral. - Solicitantes que acrediten formación non formal.
Máis información e inscrición no Punto de Información e Asesoramento Educativo Municipal do servizo municipal de Educación Familiar (Casa da Xuventude, Avenida de Portugal-11 bis, no teléfono 988-414776 ou no correo electrónico:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
).
|