Novo curso de informática para mulleres do colectivo xitano na aula CeMIT de Verín Imprimir
Luns, 17 Decembro 2012 12:53

A aula Multimedia do Concello de Verín e o departamento Plan Xitano do Concello de Verín organiza un curso de informática destinado ás mulleres deste colectivo.

Devandito curso, que terá lugar durante toda esta semana, impartirase de de 16 a 17.30 horas e está destinado únicamente a mulleres. O mesmo, de 'Iniciación á informática e Internet', ten por obxecto dar a coñecer as novas tecnoloxías ás mulleres da poboación xitana de Verín, co fin de achegar e fomentar as utilidades de internet dentro deste colectivo.

A Oficina do Plan Xitano forma parte do Programa de Intervención Integral co Colectivo Xitano do Concello de Verín. Este programa naceu para atender aquelas necesidades máis relevantes do colectivo xitano e promover o seu desenvolvemento dentro do marco da súa propia cultura para a asistencia, prevención da marxinación e inserción social. Os proxectos que se están a realizar son: servizos sociais, vivenda e aloxamento, apoio á escolarización, inserción socio-laboral, saúde e mellora da participación social. Por este motivos se están a desenvolver actividades como: difusión e tramitación de servizos, axudas e prestacións, clases de apoio a menores en idade escolar, titoría extraescolar, comité de seguimento escolar, clases de alfabetización, cursos de formación laboral, control sanitario na infancia ou mellora de hábitos alimenticios, entre outras.