Un día cos nenos/as na rúa Imprimir
Xoves, 21 Agosto 2008 10:01
O sábado 23 de agosto, día de feira na localidade, a Oficina Muncipal de Información Xuvenil do Concello de Verín organizará unha serie de actividades lúdico-culturais para os nenos/as do municipio.
Tres monitoras realizarán obradoiros de globoflexia, maquillaxe, malabares, contacontos, deseño de broches e a fabricación dunha careta de cigarrón para cada neno. Estes obradoiros, que se desenvolverán entre as 10 e 14 horas na rúa Lisa, permitirán que os máis pequenos aprendan e coñezan a relevancia deste singular personaxe do Entroido de Verín.