A Ludoteca - Campamento urbano – 2016 abre o seu prazo de inscrición Imprimir
Mércores, 27 Abril 2016 08:28

O vindeiro xoves 28 de abril ábrese o prazo de inscrición da  Ludoteca - Campamento urbano- para o ano 2016, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín.

Este servizo, que busca cubrir o período estival dos/as menores, comezará o 23 de xuño e finalizará o 9 de setembro. O campamento urbano estará dispoñible en varios horarios, , de luns a venres, e con distribución por idades; ademais da contratación de persoal cualificado, fomentando o emprego xuvenil con nove monitores/as de tempo de lecer, doce  monitoras/es de voluntariado xuvenil e persoal en prácticas.

 Ao igual que o ano pasado, o Concello de Verín ofrece un abano de horarios e prezos. Nesta edición ofrecerase como novidade un  servizo por semanas, moi demandado -sobre todo- pola xente que pasa os seus períodos estivais na nosa vila.


PREZOS E HORARIOS:

 HORARIO DE 10 A 14:00 HORAS


EMPADROADOS

NON EMPADROADOS

SERVIZO COMPLETO

100

125

METADE SERVIZO

50

62,50

QUINCENA

30

40

SEMANA

20

30


HORARIO DE 9 A 14:00 HORAS 


EMPADROADOS

NON EMPADROADOS

SERVIZO COMPLETO

115

140

METADE SERVIZO

65

77,50

QUINCENA

45

55

SEMANA

35

45


HORARIO DE 8:30 A 14:30 HORAS


EMPADROADOS

NON EMPADROADOS

SERVIZO COMPLETO

130

155

METADE SERVIZO

80

92,50

QUINCENA

60

70

SEMANA

50

60


A Ludoteca de Verán – Campamento Urbano é un espazo destinado a menores, con idades comprendidas entre os 3 e 13 anos, que se realizará nas instalacións dos Módulos do CEIP Amaro Refoxo, Colexio Princesa de España  e nas dependencias municipais da Casa da Xuventude e Salón de Actos da Casa da Cultura.

Animación á lectura e contacontos, piscina, piragüismo, rutas de sendeirismo, novas tecnoloxías, cine infantil, obradoiros medioambientais, xogos tradicionais, olimpíadas e acampada nocturna, serán algunhas das actividades nas que poderán participar os/as cativos/as.

Por outra banda, durante estes meses tamén se programarán iniciativas específicas como o San Fermín, o San Xoán, “Ponlle as pilas ao teu Bocata”,  Festa do Sombreiro, Festa Hippie, Festa Eivisenca, Festa Pirata, Festa Flamenca; visita ao Parque de Bombeiros, Educamóvil, actividades coa Cruz Vermella, visita as instalacións da Policía Local, o día do Avó e da avoa, día da froita, día da música, día da igualdade e o desfile da Ludobatucada, no que eles/as mesmos/as realizarán os seus disfraces.

As solicitudes cubriranse na Oficina Municipal de Información  Xuvenil, na Casa da Xuventude (Avda. Portugal 11, 1ª planta - Porta 15), por orde de inscrición e pago ata cubrir 200 prazas. Para máis información contactar no 988-414776.