Curso primeiros auxilios Imprimir
Xoves, 18 Setembro 2008 13:45
O Concello de Verín en colaboración con Cruz Vermella e a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia organiza un curso gratuíto de primeros auxilios.
As inscricións para esta actividade, de prazas limitadas, deben realizarse en Servizos Sociais do Concello de Verín (Casa da Xuventude -Avda. de Portugal- ou no teléfono 988-414776). Ao finalizar o curso, que se impartirá en horario extralaboral, os participantes recibirán un diploma oficial da Cruz Vermella.