Inicio do 3º Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves-Verín Imprimir
Mércores, 23 Marzo 2011 14:52

O vindeiro 27 de marzo iniciarase o 3º Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves-Verín, cunha participación de 35 equipos do Concello de Chaves e 8 de Verín.


Os equipos participantes encuádranse en 13 series de 3 equipos e 1 serie de catro equipos. Pasan á fase seguinte, os primeiros clasificados das series de tres equipos, o 1º e 2ª clasificados da serie de catro equipos e o 2º mellor clasificado da serie de tres equipos. Na primeira xornada se disputarán os seguintes partidos:

SERIE A
Local: São Lourenço
Hora: 17.30 horas
Partido: Eiras - Redondelo

SERIE B

Local: Vale de Anta
Hora: 18.30 horas
Partido: Vale de Anta - Ervededo

SERIE C

Local: Seara Velha
Hora: 18.30 horas
Partido: Seara Velha - Madalena


SERIE D

Local: Santa Cruz Trindade
Hora: 16.00 horas
Partido: Santa Cruz Trindade – Selhariz


SERIE E

Local: Vilarinho das Paranheiras
Hora: 17.30 horas
Partido: Vilarinho das Paranheiras - Anelhe

SERIE F

Local: Vilela do Tâmega
Hora: 16.00 horas
Partido: Vilela do Tâmega - São Pedro Agostém

SERIE G

Local: Bustelo
Hora: 17.30 horas
Partido: Bustelo - Vilela (Verín)

SERIE H

Local: Soutelo
Hora: 17.00 horas
Partido: Soutelo - Ábedes (Verín)

SERIE I

Local: Samaiões
Hora: 16.00 horas
Partido: Samaiões - B. Cruz Vermella (Verín)

SERIE J

Local: Cabreiroá (Pavillón de Verín)
Hora: 15.30 horas (hora portuguesa)
Partido: Cabreiroa - Curalha


SERIE K

Local: A Rasela (Pavillón de Verín)
Hora: 16.30 horas (hora portuguesa)
Partido: A Rasela (Verín) - Soutelinho da Raia

SERIE L

Local: B San Anton (Pavillón de Verín)
Hora: 17.30 horas (hora portuguesa)
Partido: B San Anton (Verín) - Vila Verde da Raia

SERIE M

Local: O Rosal (Pavillón de Oímbra)
Hora: 17.30 horas (hora portuguesa)
Partido: O Rosal - Outeiro Seco

SERIE N

Local: Feces de Abaixo
Hora: 15.30  horas (hora portuguesa)
Partido: Feces de Abaixo - Faiões
Hora: 16.30 horas (hora portuguesa)
Partido: Vilar de Nantes - Vilas Boas