Arranca o Programa de Benestar Termal da Eurocidade Chaves-Verín Imprimir
Martes, 09 Decembro 2008 19:34

Tras a recentemente finalizada primeira edición do Programa de Termalismo Social da Eurocidade Chaves-Verín, e dado o interese manifestado pola poboación de ambos municipios, lánzase, para este mesmo fin de semana, un  Programa de Benestar Termal accesible a todos os interesados e interesadas.

Dous paquetes de tratamentos -relaxante e vigor- serán ofrecidos neste novo programa, en sesións de mañá ou de tarde o vindeiro sábado 13 de decembro, e só de mañá o domingo 14. Os paquetes constan de circuítos de 3 ou 4 tratamentos, e o seu coste é de 32 € para o programa vigor e 35 € para o relaxante.

 

As prazas son limitadas, reservándose por rigurosa orde de chegada. As inscricións realizaranse na casa do Concello de Verín ata o xoves día 11, en horario de 9 a 14 horas.

 


 Descargar Formulario