A Eurocidade Chaves-Verín recibe a súa primeira visita de turismo académico Imprimir
Xoves, 06 Novembro 2008 18:40

Un grupo de corenta alumnos da Universidade Autónoma de Madrid, acompañados polo seu profesor da asignatura de Ecoloxía Humana, visitaron as localidades de Chaves e Verín co fin de coñecer de primeira man o proxecto da Eurocidade, do que tiveran coñecemento a través dos medios de comunicación, suscitando a curiosidade de alumnos e profesorado. 

Durante catro días, os asistentes contaron con visitas guiadas en Verín e en Chaves,sendo recibidos polos integrantes do Secretariado Técnico, que realizaron unha resentación sobre o proxecto no auditorio do Edificio Inditrans (polígono industrial de Outeiro Seco, en Chaves), onde se atopa a oficina, nestes momentos itinerante, do abinete de Apoio Técnico á Eurocidade.

Ademais de recibir información sobre as tres liñas de actuación nas que se asenta a Axenda Estratéxica -eurocidadanía, dinamización económica e sostenibilidade territorial ambiental-, alumnos e profesor tiveron a oportunidade de coñecer todas as actuacións realizadas ata o momento no marco de dito proxecto.

Hoxe, tamén, o Secretariado Técnico da Eurocidade participa nunhas xornadas que, co título “Água, Água, Turismo a parte?”, a AETUR (Asociación de Empresarios urísticos do Douro) organiza no Centro Cultural de Chaves, e nas que tamén participan representantes do Goberno Portugués, das Universidades de Vigo e Tras-os-Montes, e a Sociedade de Hidroloxía Médica portuguesa, entre outros.