Primeira reunión da comisión de acompañamento da Eurocidade Chaves-Verín Imprimir
Martes, 07 Outubro 2008 08:30
Tal como quedou constituída, na presentación e aprobación da Axenda Estratéxica no mes de Xullo coa Presidencia do Grupo de Traballo polo Conselleiro de Presidencia, Administración Pública e Xustiza, tivo lugar hoxe na Delegación Provincial desta Consellería, a primeira reunión da comisión de acompañamento para a eliminación de barreiras administrativas e legais ao desenvolvemento do proxecto.
Nesta reunión discutiuse un primeiro documento borrador, e establecido as primeiras prioridades de actuación, principalmente en materia de sanidade, transporte, comunicacións e educación.

Tamén, dáse inicio con esta reunión aos traballos para a solicitude de figura xurídica para a Eurocidade (AECT) a imaxe do que a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal xa realizou a semana pasada.

Asistiron a esta reunión, presidida pola Delegada Provincial, representantes da Secretaría Xeral de Relacións Exteriores, a CCDR-N (Comissao de Coordenaçao e Desenvolvimento Rexional do Norte de Portugal), a Deputación Provincial, o Secretariado Técnico Conxunto e o Gabinete de Apoio técnico da Eurocidade.