Un centenar de alumnos galegos e lusos participaron no intercambio 'Santos Populares' na Eurocidade Chaves - Verín Imprimir
Venres, 17 Xuño 2011 12:52

Na xornada de hoxe, a localidade lusa de Vila Verde da Raia acolleu a realización da actividade 'Santos Populares' (en honra a San Antonio, San Pedro e San Xoán), organizada polo Municipio de Chaves dentro do marco do proxecto Eurocidade Chaves-Verín.


Na mesma, que tivo lugar entre ás 10.30 e 14 horas, participaron un centenar de nenos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei, Escola de 1º Ciclo e Jardim de Infância de Vila Verde da Raia. Unha actuación de intercambio escolar, similar a desenvolvida o pasado 3 de maio en Feces de Abaixo (Verín) coa iniciativa 'Maios na Fronteira', destinada a coñecer esta tradición lusa, na que se realizaron desfiles e recitaron coplas populares polas rúas da localidade. Ao finalizar, un almorzo conxunto e xogos entre os/as nenos/as e profesores participantes.

A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa Operacional de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financieira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).