3ª Andaina da Eurocidade Chaves-Verín pola 'Ruta da Fronteira' Imprimir
Mércores, 18 Maio 2011 13:45

O vindeiro 29 de maio, a Eurocidade Chaves-Verín organiza a terceira edición da súa andaina popular. Nesta ocasión o percorrido escollido é a 'Ruta da Fronteira' -zona fronteiriza de Chaves e Verín-, destinado a incentivar a importancia desta zona na historia de ambos municipios e estreitar lazos de unión entre españois e portugueses.

Esta ruta comezará na parte española, en Feces de Cima, e percorrerá as localidades de Lamadarcos, Feces de Abaixo e Vila Frade. A mesma ten unha distancia de 10 quilómetros, de dificultade media e realizarase a pé. Para achegarse a localidade de inicio da andaina sairá un autobús da praza do Concello de Verín, ás 9.30 horas. Ás 12.30 horas se realizarán actividades de relaxamento para os/as participantes na zona do santuario de Santa Marta (Vila Frade), e para finalizar repartirase un refrixerio entre os/as asistentes.

As inscricións poden realizarse no Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade, situado no Concello de Verín, ou no Centro Cultural de Chaves.

Nesta actividade, organizada pola Eurocidade, tamén participan Concello de Verín, Municipio de Chaves, Cruz Vermelha Chaves, Cruz Vermella Verín, Bombeiros Chaves, Bombeiros Verín, Protecção Civil, Protección Civil Verín.     

A Eurocidade Chaves - Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).