Máis de 3.600 alumnos/as de Chaves e Verín conmemoran o Día Mundial da Infancia Imprimir
Martes, 01 Xuño 2010 17:44

A localidade lusa de Chaves promoveu nestas dúas últimas xornadas a celebración do Día Mundial da Infancia, no marco da Eurocidade Chaves-Verín, e no que participaron máis de 3.600 alumnos flavienses e verinenses  dos colexios de Infantil e de 1º ciclo de Primaria de ambos municipios.

Na terceira edición desta data conmemorativa, os/as nenos/as asistiron, conxuntamente, a unha actividade diferente e singular: unha visita ao circo. Ao longo de ambos días, o Circo Chen efectuou catro espectáculos, dous en cada xornada -mañá e tarde-, no que presentaron actuacións de trapecistas, malabaristas, cabalos, cintas xaponesas ou pallasos, entre outros.

Este actividade está integrada no proxecto da Eurocidade Chaves-Verín e busca promover o intercambio educativo e social entre as poboacións das dúas localidades, espertar o interese pola cultura, e promover unha ocupación saudable do tempo de lecer entre os ‘eurocidadáns’.

A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no âmbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financieira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).