2ª Edición Fin de Semana Termal Imprimir
Luns, 10 Maio 2010 13:24

Os dias 5 e 6 de xuño, no marco da Eurocidade Chaves-Verín, terá lugar a 2ª edición do Fin de Semana Termal, destinado aos/as cidadáns/as dos municipios de Chaves e Verín.

Os/As participantes neste programa de benestar, que se desenvolven no SPA do Emperador das Termas de Chaves, deben ser maiores de 18 anos, e poden optar entre dous paquetes de tratamentos -de 1 e 2 días de duración-:  vigor (35 euros) e relaxante (38 euros). Ambos paquetes serán ofrecidos en sesións de mañá ou de tarde, o sábado 5 de xuño, e só de mañá o domingo 6 (de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas).

O programa vigor inclúe: sauna ou baño turco, chorro a presión, cromoterapia ou hidropresoterapia e ducha Vichy. Mentres que o relaxante inclúe: baño de hidromasaxe en piscina ou bañeira, vapor en columna (Bertholet ou Bertholaix) e masaxe descontracturante ou hidratación corporal. Para a realización dos tratamentos, só é necesario levar bañador, xa que as Termas de Chaves proporcionan o gorro e as chanclas.

Devandito programa de turismo de benestar está dirixido aos/ás cidadáns/as de ambos lados da fronteira e busca promover a saúde a través da auga, converter a Eurocidade nun destino turístico de excelencia e estreitar lazos de convivencia social entre Chaves e Verín.


As inscricións poden realizarse ata o 2 de xuño, no Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade, situado no Concello de Verín (de 9 a 14 horas), e nas Termas de Chaves (de 9 a 12 horas e de 16 a 19 horas). Para máis información e reservas: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo