A Deputación de Ourense e a Eurocidade Chaves-Verín poñen en marcha un programa de emprego transfronterizo para universitarios Imprimir
Luns, 17 Novembro 2008 12:16
Os concellos de Chaves e Verín están a traballar no proxecto Eurocidade Chaves-Verín como proxecto de cooperación transfronteriza que investiga e pon en práctica novas estruturas administrativas de funcionamento que permitan consolidar esta iniciativa como pioneira no marco da cooperación transfronteriza de segunda xeneración no contexto europeo. Para avanzar neste marco común de colaboración enfrontanse diferentes medidas e accións que visibilicen o concepto de cidade única transfronteriza e na que os cidadáns de ámbos concellos perciban como unha realidade efectiva a convivencia nun espazo xeográfico común, que ademáis de procurarllese servizos e suministros compartidos e de calidade, lles aporte as posibilidades e oportunidades que supón a convivencia nun espazo fronteirizo europeo.
A Deputación de Ourense, como entidade local de carácter supramunicipal, e sendo que, entre os seus fins atópase a cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e na planificación do territorio provincial segundo as súas propias competencias, entende que o proxecto Eurocidade Chaves-Verín é un referente pioneiro sobre as posibilidades e oportunidades que representa ser unha provincia transfronteiriza no marco da Unión Europea . Neste senso, sensibilízase e reponsabilízase no avance e posta en práctica das fortalezas que a convivencia e cooperación destes dous espazos territoriais poden supoñer, en mellores oportunidades, para os cidadáns de ambos lados .

Un Programa de Emprego Transfronterizo que potencie a Eurocidade.

A Deputación de Ourense apoiará a Eurocidade a través dun programa, aprobado polo Parlamento Europeo para contribuir á da Europa do coñecemento mediante a consolidación dun espazo europeo de cooperación en materia de educación e formación profesional e no que se busca a inserción laboral en varios países da U.E.

A entidade provincial movida polo interese de incorporar actuacións e métodos que contribúan a desenvolver a calidade, a innovación e a dimensión europea dos programas de políticas activas de emprego,acorda, xunto coas autoridades responsables do proxecto Eurocidade Chaves-Verín o desenvolvemento dun proxecto específico que se identificará co nome de PROGRAMA DE EMPREGO TRANSFRONTEIRIZO EUROCIDADE CHAVES-VERÍN.

A conexión da Eurocidade ca inserción laboral dos titulados universitarios.

A través do PROGRAMA DE EMPREGO TRANSFRONTEIRIZO EUROCIDADE CHAVES-VERÍN porase a disposición dos titulados universitarios un proxecto para insertarse laboralmente en empresas portuguesas, as cales lles permitan adquirir capacitacións profesionais en diferentes sectores.

Con elo, estarase potenciando accións que favorezan a mobilidade e a cohesión social.

A Deputación Provincial de Ourense facilitará a todas as persoas que sexan seleccionadas para participar neste programa unha contía económica mensual equivalente o Salario Mínimo Interprofesional durante o trimestre de duración do Programa.

De igual xeito, as persoas seleccionadas terán a oportunidade de recibir un curso de lingua portuguesa, que facilite a súa inserción laboral , con unha duración de 3 semanas, que lles será impartido nas cidade de Verín e Chaves.

A creación de profesionais transfronterizos.

Este convenio estará respaldado por empresa portuguesas líderes nos seus respectivos sectores.

O proxecto aproveitará o potencial da Eurocidade para formar a futuros profesionais que respondan ás necesidades das empresas que teñen o seu mercado natural en España e Portugal, creando profesionais transfronterizos.

Tódolos titulados universitarios interesados neste Programa terán ata o próximo 5 de decembro para presentala solicitude de participar no mesmo, para calquiera información poderán dirixirse á Deputación de Ourense a través do 988385191.