A Eurocidade Chaves-Verín participa na xornada do Proxecto CEDIM Imprimir
Mércores, 26 Outubro 2011 12:44

O Gabinete de Apoio Técnico (GAT) da Eurocidade Chaves-Verín participa hoxe na xornada de presentación do 'Proxecto CEDIM', organizado pola Rede Transfronteiriza de Centros para Mulleres, e que ten lugar en Santiago de Compostela.


Devandita participación concrétase no ámbito da mesa redonda 'Exemplos relevantes da posta en marcha de servizos transfronteirizos', no que tamén participa á Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, e no que o coordinador técnico da Eurocidade Chaves-Verín, Pablo M. Rivera, efectuará a presentación do proxecto de cooperación transfronteriza que levan a cabo os municipios de Chaves e Verín, titulada '“Eurocidade Chaves-Verín: un espazo innovador para o desenvolvemento de oportunidades”; na que resaltará a importancia do marco aberto grazas a este proxecto e como converter a fronteira nunha oportunidade que garanta a cohesión de flavienses e verinenses.

As localidades fronteirizas de Verín e Chaves apostan por unha estratexia conxunta, a Eurocidade, que lles permite promoverse como territorio atractivo, fomentando e para potenciais interesados. Este proxecto a longo prazo busca aproveitar as numerosas sinerxías xa existentes a ambos lados da fronteira, entre outras, que poden e deben ser potenciadas. Así, e a pesar da crise económica, neste novo escenario innovador e transfronteirizo poden xurdir numerosas oportunidades de negocio susceptibles de ser aproveitadas.

Durante a presentación do 'Proxecto CEDIM' tamén se amosarán aspectos como a web e plataforma web de dinamización do proxecto, estudo análise do impacto da creación de centros compartidos de información ás mulleres ou protocolo de intervención conxunta para a promoción da igualdade a ambos lados da fronteira galego portuguesa, entre outros.

A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa Operacional de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financieira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).