O Concello de Verín asina un convenio coa Consellería de Industria e Gas Natural Fenosa para o traslado da subestación de Verín Imprimir
Martes, 22 Marzo 2011 19:46

O Concello de Verín, na figura do seu rexedor Juan Manuel Jiménez Morán asinou hoxe, un dos convenios máis relevantes do municipio nos últimos anos, co conselleiro  de Economía e Industria, Javier Guerra Fernández, e o delegado xeral en Galicia de Gas Natural Fenosa, Luis Ramiro Díaz López, en presencia do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, referente o traslado da subestación desta compañía situada no casco urbano da localidade.


“Este protocolo constitúe unha vella reivindicación do Concello de Verín que ocasionou, nos últimos anos, numerosos litixios entre o ente municipal e a empresa suministradora de enerxía eléctrica que siguen actualmente, litixios con sentencias favorables a Unión Fenosa”, segundo subliña o alcade. A pesares desta sentencia, desde o Concello seguiuse traballando para lograr este traslado, con reunións con responsables da compañía e da Xunta de Galicia, para lograr este acordo ao que hoxe chegamos”.

Por este motivo, un dos obxectivos primordiais deste grupo de goberno, nesta lexislatura e nas anteriores, foi trasladar esta subestación, situada ao lado de catro centros educativos da localidade.

Esta subestación trasladarase a unha parcela da inminente ampliación do Polígono Industrial de Pazos, o que suporá non só “liberar a numerosos propietarios de Verín da servidume que tiñan nas súas parcelas ao pasar as liñas de media e alta tensión por encima das súas propiedades”, asegura o rexedor, senón tamén os seguintes beneficios paras os verinenses:

- A potenciación dos polígonos industriais como unha das prioridades da Xunta para a dinamización do tecido empresarial de Galicia, tal e como está a favorecer a Consellería de Economía e Industria para o seu definitivo impulso trasladando as subestacións eléctricas aos seus terreos.

- A obra a realizar será unha planificación enerxética que atenderá a futuras necesidades con total garantía, posto que poderá dar subministración planificada desde a nova localización.

- O feísmo ao que nos teñen afeitos os cables que acometen á subestación ao longo do centro urbano desaparecerá e, con iso, conseguiranse uns terreos, polos que discorren actualmente, aptos para urbanizar e cun maior valor de mercado para os seus propietarios.

- Esta acometida aérea será substituída por unha acometida soterrada mediante canalizacións que albergarán todas a liñas e que discorrerán por dominio público, o que eliminará o devandito feísmo.

- A obra a realizar no polígono estará dotada de novas e mellores tecnoloxías para o seu goberno e control, xa que se albergará nunha superficie menor que a que ten actualmente mediante un sistema de encapsulamento e contará con transformadores actualizados e modernos cunha maior insonorización e un maior respecto ambiental.

- A actuación a realizar deséñase mediante edificios que conterán toda a aparamenta e o control da subestación, o que contribuirá a non desentonar coas edificacións existentes na zona.

- Anillamiento da rede de alta tensión. Desta forma, a nova subestación disporá de dobre alimentación da rede de 132 kV, desde as subestacións de Xinzo e Larouco, o que elimina practicamente a posibilidade de fallo de alimentación.

- Renovación de instalacións. A nova subestación contará coa tecnoloxía máis recente que utiliza Unión Fenosa en celdas e aparamenta de alta tensión e media tensión

- Maior capacidade de transformación. Instalaranse dous transformadores 132/20 kV de 30 MVA que poderán satisfacer as necesidades actuais e futuras do Concello e a súa contorna.
-E o máis importante, “o traslado da actual subestación”.  

“Agradezo o empeño do presidente da Xunta de Galicia, a petición do grupo de goberno do Partido Popular, de solucionar un problema de fai moitos anos e que o anterior goberno bipartito da Xunta foi incapaz de por encima da mesa para intentar un acordo e unha solución”, indica o rexedor. Tamén “quero agradecer ao Conselleiro, o Director Xeral de Industria e Delegado Xeral de Galicia de Gas Natural Fenosa o intenso traballo realizado para resolver esta cuestión, e que se concretou neste protocolo con total garantía para a execución da obra”.

A construción da nova estación superará os seis millóns de euros, en cuanto a obra de infraestrura eléctrica, e a compañía comprometeuse, no momento en que se poña a disposición esta parcela na nova ampliación do Polígono Industrial de Pazos, a executar as obras da nova subestación, en 18 meses, e o traslado da actual, no momento en que entre en funcionamento a nova, asumindo os custos derivados da mesma.

Con esto, “dase cumprimento ao compromiso adquirido polo alcalde de Verín ante a asociación de veciños afectados e a asamblea de pais de alumnos do IES Xesús Taboada Chivite, na mesa de debate celebrada o pasado 2 de decembro neste centro educativo; pondo punto e final a  esta vella reivindicación, solucionando este problema e aumentando a calidade de vida dos verinenses”, conclúe o rexedor.