Charla ‘Fibromialxia, vivir con dor’ Imprimir
Mércores, 16 Febreiro 2011 12:22

A Casa da Cultura de Verín acolle hoxe 16 de febreiro, a partir das 17 horas, a charla 'Fibromialxia, vivir con dor', organizada pola Asociación de Fibromialxia e Síndrome de Fatiga Crónica de Ourense (AFFOU) en colaboración co Concello de Verín.

A mesma será impartida por Marta Luisa Lazkano Larkin, psicóloga da asociación, e nela exporanse cuestións como causas ou tratamento das persoas que sofren fibromialxia.

A Asociación de Fibromialxia e Síndrome de Fatiga Crónica de Ourense é unha entidade, que naceu no ano 2003, para impulsar a loita contra o reumatismo e o cansazo crónico chamados fibromialxia e fatiga crónica, apoiando física e socialmente as persoas afectadas por estas enfermidades, facilitando a pacientes e familiares a información necesaria para coñecer as posibilidades diagnósticas e terapéuticas. Desenvolve programas de autoaxuda para os afectados/as coa colaboración de profesionais cualificados/as; así como promove actuacións tendentes a elevar a calidade asistencial, mediante a habilitación, ou mellora das estruturas e no servizo de atención o/a paciente.