‘A natureza e os animais’ na Biblioteca de Verín Imprimir
Luns, 14 Febreiro 2011 12:21

O venres 18 de febreiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza a actuación ‘A natureza e os animais’, dentro da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización desta instalación cultural.

Realización dun mural, contacontos, cancións e manualidades da natureza en xeral e dos animais, en particular, serán algunhas das actividades principais desta iniciativa, destinada a vinte nenos/as socios/as, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, e realizadas por voluntarios e persoal da mesma.

Para participar nesta iniciativa é necesario inscribirse nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal ou no teléfono 988-414776.