‘Anacos de Papel’ na Biblioteca de Verín Imprimir
Luns, 24 Xaneiro 2011 13:11

O vindeiro venres 28 de xaneiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza a iniciativa ‘Anacos de Papel’, enmarcada dentro da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización desta instalación verinense.

Contacontos e manualidades coa temática da papiroflexia, arte de realizar figuras con papel, conformarán as actuacións principais desta actividade, destinada a vinte nenos/as socios/as, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, e realizadas por voluntarios e persoal da Biblioteca Pública Municipal.

Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal ou no teléfono 988-414776.