Actuación de O Fiadeiro na Praza Maior de Verín Imprimir
Luns, 21 Xullo 2008 13:03
Mañá, 19 de xullo, ás 23 horas o grupo de baile O Fiadeiro representará Esta noite hai unha fía na Praza Maior de Verín. Esta actuación atópase enmarcada dentro do ciclo danza3 -programa Cultura Vai 2008- organizado pola Consellería de Cultura e Deporte en colaboración co Concello de Verín.
Durante dúas horas, cincuenta compoñentes da Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro, fundada no ano 1995, executan danzas de toda a xeografía galega, coidadosamente adaptadas á escena e cun vestiario e instrumentos propios. O repertorio que ofrecerá o grupo é: Serán de Parada de Achas, jota e muñeira de Castello, pandereitada de Cambre, romería de Santo Domingo, polavila de Vilarello da igrexa, charanga, jota de antroido de Caldebarcos, vals e muiñeira do Courel, gaiteiro e solista.