Club de Lectura en Verín Imprimir
Martes, 28 Setembro 2010 10:32

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín pon en funcionamento, por segundo ano consecutivo, o seu Club de Lectura.

Este proxecto, adicado ao fomento da lectura, busca converterse nun estímulo para a interacción e participación entre os/as lectores que acoden á instalación municipal; que compartirán en xuntanzas, varias veces ao mes, as vivencias obtidas tras a lectura do mesmo libro. A primeira obra seleccionada para iniciar esta actividade é “Arraianos” de Xosé Luis Méndez Ferrín.

O prazo de inscrición para participar neste Club de Lectura finaliza o 8 de outubro, e está destinado a un máximo de 15 usuarios/as socios/as da Biblioteca Pública Municipal de Verín e maiores de idade -teñen prioridade os/as participantes do ano anterior-.