Subvencións para o fomento do sector artesanal galego Imprimir
Mércores, 25 Agosto 2010 11:54

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de subvencións aos/ás titulares de obradoiros artesanais para actuacións de fomento e desenvolvemento do sector artesanal galego.

As actuacións subvencionables son:
- Obras de reforma e acondicionamento de locais produtivos.
- Proxectos de innovación no proceso produtivo. Adquisición, en réxime de propiedade, de equipamentos propios das características da actividade artesanal, que deberán ser en todo caso de primeiro uso (maquinaria, ferramentas e equipamento auxiliar -que serán de fabricación externa cualificada- e equipamentos para procesos de informatización).
- Divulgación e promoción de produtos artesanais (deseño de imaxes corporativas e logotipos, páxina web do obradoiro e de contidos dixitais relacionados especificamente co sector artesán).

As persoas beneficiarias deben estar establecidos/as na Comunidade Autónoma galega, figurar no obradoiro artesán inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e estar en posesión da carta de artesán/a no momento da presentación da solicitude de axuda.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 11 de setembro de 2010.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.