A Biblioteca Pública Municipal de Verín entrega os premios do Concurso de Narrativa 2010 Imprimir
Xoves, 12 Agosto 2010 15:15

A concelleira de Cultura de Verín, María Corona Meixeira Romasanta, e o concelleiro de Deportes e Mocidade, Víctor Manuel Baladrón Lamas, entregaron esta mañá os premios do II Concurso de Narrativa Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, destinado a fomentar a escritura e os valores culturais e deportivos.

Nesta segunda edición, asentada na temática ‘A Biblioteca Fantástica’ e aberto a nenos/as dos municipios de Verín e Chaves, os gañadores do mesmo foron Esther Vaz Diéguez (14 anos), Ana García Nóvoa (12 anos) e Paula Fernández Pérez (13 anos). Todos eles recibiron obsequios de material deportivo doados por diversos clubs de fútbol  (Primeira, Segunda, Segunda B, Terceira División e Rexional Preferente).

Os traballos gañadores estarán expostos na Biblioteca Pública Municipal nas próximas datas.