1ª Concentración Tuning en Verín Imprimir
Xoves, 08 Xullo 2010 12:45

Os vindeiros 24 e 25 de xullo a praza da Alameda de Verín acollerá a ‘1ª Concentración Tuning’, organizada polo Club Irpf Tuning en colaboración co Concello de Verín.

Esta actividade inclúe a exposición de automóbiles clásicos, automóbiles de competición, quads e motos de competición; así como probas de nivel de presión sonora puntuables para o Campionato Galego.

Entregaranse máis de 120 trofeos, valorados en 2.000 euros, nas seguintes categorías: Super Top 3, Top 30 Exterior, Top 10 Interior Amateur, Top 10 Interior Profesional, Top 3 Show Car, Top 3 Iluminación, Top 3 Multimedia, Top 3 Clásicos, Top 3 Maleteiro, Top 3 Detalle Tuning, Escape máis ruidoso gasolina 1.2.3., Escape máis ruidoso diésel 1.2.3., Coche máis baixo con neumática, Coche máis baixo sen neumática, Lamia máis grande, Maior cambio de lamia, Roda máis ancha, Maior cambio de roda, Alerón máis grande, Mellor moto tuning, Coche máis antigo, Coche máis afastado, Mellor todoterreno, Club máis numeroso, Club máis sonoro, Calidade de Son, Amateur Categorías A-B-C, Profesional Categorías A-B-C e Nivel de Presión Sonora nas Categorías A-B-C.

Os vehículos interesados en participar na ‘1ª Concentración Tuning’, todos eles tuneados, poden realizar as inscricións os dous días na praza da Alameda, a partir de 10 euros, ata ás 16 horas do 25 de xullo. Para máis información: Emilio (689-321173) e Jorge (616-649993).