Proxecto de centralización, xestión e redución do gasto enerxético na iluminación pública de Queirugás e na zona Amaro Refoxo Imprimir
Venres, 07 Maio 2010 10:58

O Concello de Verín efectuará dúas novas actuacións no alumeado público en Queirugás e na zona de Amaro Refoxo, ambas acollidas á subvención do Inega 2009, e enmarcadas no proxecto de centralización, xestión e redución do gasto enerxético.

O orzamento total da inversión é de 129.872,79 euros, dos cales 70.000 euros correrán a cargo da subvención de aforro enerxético do Inega e o resto, 59.872,79 euros serán aportados polo Concello de Verín.

Na zona de Amaro Refoxo, que consta de 63 puntos de luz controlados por un cadro de mando, a actuación céntrase na instalación de un sistema de aforro e xestión enerxética, consistente na instalación de un cadro de mando e control do alumeado e a instalación de reactancias electrónicas regulables. Con este sistema conquírese a redución do fluxo luminoso a partir das horas de menor utilización das vías en cada un dos puntos de luz de forma independente. O sistema é controlado dende o cadro de control, comunicado vía GPS con un ordenador situado nas dependenzas municipais dende o cal é posible programar e controlar o sistema, e recibir alarmas e informes para a xestión enerxética do alumeado. Con este sistema, o aforro estimado será de uns 29.069 Kwh ó ano e 14.825 Kg de CO2, e un aforro económico de 3.929 euros anuais. As rúas onde se realizará esta medida son a Merced, Cruz, Amaro Refoxo, Mariano Carrero, Pozo, Traviesa, Viriato e prazas Edesio Fuentes e A Merced. Ademais, cámbianse columnas coas súas luminarias na praza Edesio Fuentes xa que se atopaban en mal estado.

Mentres que na localidade de Queirugás, con 67 puntos de luz, a realización desta actuación, nos mesmos aspectos que a da zona de Amaro Refoxo, permitirá aforrar uns 22.556 Kwh ó ano e 11.503 Kg de CO2, e un aforro económico de 3.353 euros anuais. Ademáis, redúcese a potencia ó pasar de lámpadas de 125w de vapor de mercurio por outras moito máis eficientes de vapor de sodio de alta presión de 100w, co que conquerimos un aforro económico importante ó tempo que aumentamos as prestacións lumínicas do alumeado. Ademáis, debido ó mal estado das luminarias existentes, faise o cambio das 67 luminarias por outras novas e de maior eficiencia lumínica, o que repercute na calidade do alumeado -substituíndo o cableado que estaba en mal estado por outro novo, e tamén algún poste en mal estado que soportaba devandito cableado-.