Axudas a transportistas autónomos de mercadorías por estrada que abandonen a actividade Imprimir
Martes, 04 Maio 2010 10:35

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da seguinte convocatoria: Axudas a transportistas autónomos de mercadorías por estrada que abandonen a actividade.

Esta orde ten como obxecto convocar para o ano 2010 as axudas a transportistas autónomos de mercadorías por estrada que abandonen a actividade.

Poderán ser beneficiarios:
-Os transportistas autónomos cuxa actividade sexa o transporte de mercadorías por estrada e se comprometan a abandonar esta, renunciando a todas as autorizacións de transporte público de que fosen titulares.
- As persoas que teñan renunciado á actividade do transporte de mercadorías por estrada a través da baixa de todas as autorizacións de transporte público de que fosen titulares no período transcorrido desde o 24 de outubro de 2009 e o día de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 7 de xuño de 2010.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono  988-410000.