Augarelas de Luís Pachón Imprimir
Martes, 23 Febreiro 2010 10:07

Desde o 23 de febreiro ao 15 de marzo, a Casa do Escudo de Verín acolle a mostra ‘Augarelas de Luís Pachón’, organizada polo Concello de Verín.

Esta exposición recolle 19 obras de augarela e pastel de paisaxes galegos deste pintor alaricano, que desde 1977 participou en ducias de exposicións individuais e colectivas no País Vasco, Cataluña, Castela e León, Galicia e Francia; e que na actualidade é mestre de Cerámica no C.P.I.F.P.O. Santa María de Europa (Ourense) e na Escola de Artes e Oficios de Verín.

A exposición poderase visitar de luns a sábado, das 10 ás 14 horas e das 16.30 ás 20.30 horas.