Contos do Vento Imprimir
Martes, 23 Febreiro 2010 10:07

O próximo sábado 27 de febreiro, de 11.30 a 13 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín promove a iniciativa ‘Contos do Vento’, enmarcada dentro da programación de actividades destinada ao fomento da lectura.

Manualidades, contacontos ou xogos serán algunhas das actuacións programadas para esta actividade, destinada a vinte nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos, e realizadas por voluntarios e persoal da Biblioteca Pública Municipal.

Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.