Domingo de Piñata Imprimir
Luns, 22 Febreiro 2010 15:05

A celebración do Domingo de Piñata puxo o broche final ao Entroido 2010. Durante o acto tivo lugar un xantar nun restaurante da vila, o reparto das placas conmemorativas para premiar a participación de comparsas e carrozas, e a entrega dos seguintes galardóns -por parte de Juan Manuel Jiménez Morán, alcalde de Verín, Víctor Manuel Baladrón Lamas, concelleiro de Festexos, e os membros da Comisión-:


- Cigarrón de Honra: Modesto Meno Nieto
- Mención Especial: Elena Rodríguez Guedes “A Raíña do Entroido”
- A mellor comparsa: Monicreques
- A mellor carroza: Los Chipirones
- O “Pescadilla”: Emilio Boo Vaz
- Fidelidade: José Manuel García Noriega