Bando Municipal Imprimir
Luns, 08 Febreiro 2010 14:13

Que con motivo das festas do entroido e durante o transcurso das mesmas, os días 11, 12, 13, 14, 15 e 16 de Febreiro do 2010, vaise pechar o tráfico rodado ao casco antigo da vila e tamén as rúas Alameda, Muralla e Praza Alameda, coa finalidade de garantir a seguridade peonil e o bó desenvolvemento das festas, con tal motivo queda prohibido o estacionamento e a circulación en ditas rúas, agás, excepcionalmente, os residentes para gardar os seus automóbiles. Solicítase a colaboración dos veciños, para que non deixen os seus vehículos estacionados nas referidas rúas, nembargantes, o sábado pola mañá, o luns e o martes, en horario de 08,00 a 14,00, permitiráse a entrada de vehículos para o reparte.