Contos de Entroido e Maquillaxe Infantil Imprimir
Xoves, 04 Febreiro 2010 13:32

Os días 11 e 13 de febreiro, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza un obradoiro de ‘Contos de Entroido e Maquillaxe Infantil’, dentro do ciclo de actividades programas para o Entroido 2010 e destinada a fomentar a lectura entre os/as nenos/as do municipio.

Contacontos, manualidades ou xogos serán algunhas das actuacións programadas en ambas xornadas e destinadas a vinte nenos/as, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, e que se desenvolverán de 18 a 19.30 horas, o xoves 11 de febreiro, e de 11.30 a 13 horas, o sábado 13.

Para participar nas mesmas é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776, e indicar si os/as nenos/as posúen algún problema dermatolóxico que lle impida participar no obradoiro de maquillaxe infantil.

Por outra banda, desde a Biblioteca Pública Municipal recórdase que o Luns e Martes de Entroido as instalacións permanecerán pechadas.