Beléns do Mundo e Filatelia Natalicia Imprimir
Xoves, 17 Decembro 2009 12:38

Desde o 16 de decembro ao 15 de xaneiro, a Casa do Escudo de Verín acolle a exposición ‘Beléns do Mundo e Filatelia Natalicia’, organizada polo Concello de Verín en colaboración coa Delegación Diocesana de Misións de Ourense e Sociedade Filatélica Miño (Ourense).

Esta mostra recolle vintecatro misterios de Nadal de América Latina e África, así como obxectos musicais africanos, tecidos de ambos continente, paneis informativos sobre cada un dos/as misioneiros/as da comarca de Verín-Monterrei (arciprestados de Verín-Laza, A Gudiña-Riós, Monterrei e Cualedro), e selos de todo o mundo sobre o Nadal.

A exposición poderase visitar de luns a sábado, das 10 ás 14 horas e das 16.30 ás 20.30 horas.