Apertura do prazo de inscrición Ludonadal - Divírte-t na ludoteca de Nadal Imprimir
Martes, 05 Decembro 2023 18:21

O xoves 7 de decembro, a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, dependente da Área de Benestar Social, abre o prazo de inscrición para o “Ludonadal”, a Ludoteca de Nadal destinada a menos e nenas de 3 a 11 anos.


O obxectivo principal des ta iniciativa é facilitar a conciliación familiar durante as vacacións de Nadal, ofrecendo aos pais e nais unha opción segura e divertida para os seus fillos e fillas. Ludonadal tamén busca proporcionar un espazo de lecer educativo e entretemento para os nenos e nenas, permitindo aos adultos realizar as súas compras ou recados navideños no comercio local sen preocupacións.

 O Ludonadal desenvolverase no Pavillón de Deportes dende o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro, en horario de mañás e tardes, de luns a venres (de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas), e polas mañás os sábados (9:00 a 14:00 horas). Os participantes poderán elixir entre diferentes opcións de tarifas: 80 euros para todos os días e horas; 50 euros para mañás ou tardes; 10 euros (día completo) ou 6 euros (medio día).

Dentro desta iniciativa, os menores disfrutarán dunha ampla variedade de actividades, como inchables (ata o día 3 de xaneiro), ximcanas, tobogáns, obradoiros de decoración de Nadal, xogos de busca de agasallos, contos de Nadal con enfoque educativo sobre igualdade, excursións (Pazolandia), festas temáticas (pre noitevella, chegada do paxe real e recollida de cartas dos Reis) e espectáculos infantís (Saaabor!!!) ou a visita do Ratiño Pérez, entre otros.

Para inscrición e máis información, os interesados poden dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa da Xuventude ou chamar ao teléfono 988-414776.

Un Nadal cheo de diversión e aprendizaxe agarda aos máis pequenos de Verín grazas a Ludonadal.