Pleno Extraordinario Urxente | 4 de decembro Imprimir
Luns, 04 Decembro 2023 18:55

. O Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Verín acolleu esta maña unha sesión extraordinaria urxente na que se abordaron os seguintes puntos:

 

1. Ratificación da urxencia da convocatoria

2. Aprobación da acta da sesión anterior 17.11.2023

3. Expediente 4825/2023. Contratación FEMP

4. Expediente 3777/2017. Procedemento administrativo común

5. Expediente 4946/2023. Modificación de Créditos

6. Expediente 4892/2023 APROBAR, SE PROCEDE, A MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS 13/2023, . Modificación de Créditos

7. Expediente 4777/2023 APROBAR, SE PROCEDE, A MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS 12/2023. Modificación de Créditos

8. Expediente 4979/2023 LEVANTAR, SE PROCEDE, REPARO DE LEGALIDADE E RECOÑECEER AS OBRIGAS, Expediente. Pagos

9. Expediente 2230/2023 LEVANTAR, SE PROCEDE, REPARO DE LEGALIDAD E RECOÑECER A OBRIGA, . Proposta de Gasto

10.Expediente 2229/2023 LEVANTAR REPARO, SE PROCEDE, E RECOÑECER A OBRIGA, . Proposta de Gasto


Tras aprobar con 9 votos a  favor  (5 PSdeG-PSOE e 4 BNG) e 4 votos en contra do Partido Popular a ratificación da urxencia da convocatoria, o presidente do pleno, Gerardo Seoane, someteu a votación a aprobación da acta da anterior sesión extraordinaria urxente, quedando ratificada por unanimidade.

 

O pleno tamén ratificou por unanimidade, co obxectivo de lograr un aforro significativo de fondos públicos, a incorporación do ente municipal á Central de Contratación da FEMP paracontratar obras, servizos e subministracións que se ofrezan, de acordo coas condicións e prezos establecidos nos respectivos contratos ou acordos marco asinados entre dita central e as empresas adxudicatarias.

Tamén foi aprobado na sesión plenaria, con 9 votos a  favor  (5 PSdeG-PSOE e 4 BNG) e 4 votos en contra do Partido Popular, o inicio do procedemento de resolución do contrato de subministro, instalación e mantemento de radares para o control da seguridade viario asdxudicado no ano 2014 polo anterior gobernó do Partido Popular á UTE VEICAR SL e BILBOMÁTICA SA, aplicando unha indemnización a citada empresa contratista de 20.933,45 euros.

 

Por outra banda, aprobouse, -por 9 votos a  favor (5 PSdeG-PSOE e 4 BNG) e 4 en contra do Partido Popular- realizar as correspondentes modificacións de crédito incluídas na orde do día.

 

Finalmente, aprobouse levantar os diferentes reparos de intervención levados a pleno, recoñecendo a obriga de ordenar o pagamento das facturas pendentes, que foron presentadas a este órgano colexiado. Estos puntos foron referendados con 9 votos a favor (5 do PSdeG-PSOE e 4 do BNG) e 4 en contra do Partido Popular.