Curso básico de edición dixital de audio |
Xoves, 10 Decembro 2009 10:30 |
A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín emitirá por videoconferencia o ‘Curso básico de edición dixital de audio’, o xoves 17 de decembro, entre ás 16 e 20 horas. Neste curso, impartido por Álvaro Lorenzo -comunicador da Campaña Comunícate-, os asistentes coñecerán os diferentes formatos de audio dixital, e aprenderán a manexalos e editalos: proxectos, pistas e arquivos de audio, operacións básicas de edición, xestión de pistas de audio, sons, efectos e misturas. Para participar neste obradoiro, destinado a un máximo de 12 persoas con coñecementos informáticos, é necesario inscribirse na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín. |