Exposición fotográfica ‘Terra + Auga + Aire = Vida’ Imprimir
Luns, 30 Novembro 2009 10:26

Desde o 1 ao 12 de decembro a Casa do Escudo de Verín acollerá a exposición itinerante de fotografía ‘Terra + Auga + Aire = Vida. Noso compromiso coa natureza’.

Consiste nunha mostra de 28 fotografías realizadas no entorno do río Támega e nas que aparecen reflectidos catro elementos clave: terra, aire, auga, vida e os seus vínculos de unión. Esta iniciativa, organizada pola Cruz Vermella Monterrei, está subvencionada polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e a Confederación Hidrográfica do Douro.

A exposición poderase visitar de luns a sábado, das 10 ás 14 horas e das 16.30 ás 20.30 horas.