O Concello de Verín pon en marcha un curso de iniciación ao tenis en colaboración co IES Xesús Taboada Chivite Imprimir
Sábado, 15 Outubro 2022 10:01

Desde a área de Deportes do Concello de Verín ponse en marcha, en colaboración co IES Taboada Chivite, un Curso de Iniciación ao Tenis, enfocado a mozos de ata 18 anos, coa finalidade de achegar este deporte tan completo aos máis pequenos.


O obxectivo da iniciativa é que os participantes adquiran as bases técnicas necesarias para poder xogar  ao tenis, pero tamén fomentar a súa práctica deportiva a través deste deporte.

O curso estará dirixido polo monitor Aurelio Ferro e as clases realizaranse no Pavillón multiusos do IES Taboada Chivite, de luns a venres (a partir das 16.30 horas, a convir). As prazas son limitadas e atenderase por orde de inscrición.

A inscrición, de carácter gratuíto, pode realizase a través do teléfono 653 281 186 (Aurelio Ferro), no propio Pavillón central de Deportes ou na páxina web da Federación Galega de Tenis.