Os nenos e nenas da Ludoteca e do Campamento Urbano de Verín despediron hoxe o seu verán cunha festa rockeira Imprimir
Mércores, 07 Setembro 2022 18:38

 Esta mañá rematou o servizo da Ludoteca de verán e o Campamento Urbano que organiza a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín. Trátase de dous proxectos destinados a conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo  de lecer dos menores con idades comprendidas entre os 3 e 13 e 10 e 14 anos, respectivamente. Este ano comezou o día 27 de xuño e contou con máis de 230 menores inscritos, sendo unha das máis multitudinarias dos últimos anos.

As actividades que se desenrolaron foron, entre outras: animación á lectura e contacontos, (contos clásicos e cómics para poñer en valor a lectura e os libros), piscina, cine infantil, obradoiros medioambientais, de refugallo (para concienciar da importancia da reciclaxe, realizando actividades coa axuda de materiais cotiás), día da fotografía, día do emoticono, día internacional da amizade, día de Galicia, xogos de auga, día da música, día da Igualdade, día da froita, mini olimpíadas campistas...

Por outra banda, este ano recuperáronse festas que pola pandemia non puideron celebrarse, como o San Fermín, Festa do Sombreiro, Festa Hippie, Festa Eivisenca, Festa Pirata, Festa Flamenca; visita ao Parque de Bombeiros, festa da escuma, actividades coa Cruz Vermella, Visita as Instalacións da Policía Local, o día do Avó e da avoa, e o desfile da Ludobatucada, no que eles mesmos  realizarán os seus disfraces.

Tamén houbo novas e divertidas actividades: bailes tictoc, Ludofashion Day, xogo das chapas, zumba kids, obradoiro de máscaras, festival de cinema infantil, etc.