Os cativos da ludoteca celebran o día dos avós e o día de Galicia Imprimir
Martes, 26 Xullo 2022 13:13

O 26 de xullo Verín está de celebración, dedica unha xornada aos máis maiores e festexa tamén o día de Galicia. Os rapaces e rapazas da ludoteca celebraron o día dos avós e avoas con actividades centradas na temática da terceira idade. Elaboraron traballos manuais e artesanía para regalarlla aos seus maiores, e escribiron mensaxes para eles, que de seguro os emocionarán.


O concello invitou aos pais e nais a deixar que os avós e avoas participasen desta xornada levando aos cativos ás actividades e recolléndoos. O día rematou cunha fermosa foto familiar onde aparecen os máis pequenos cos máis maiores.

Mentres tanto, os rapaces que participan no campamento urbano do Concello de Verín celebraron o día de Galicia con xogos especiais. Realizaron unha xincana chea de probas relacionadas coa cultura galega, que ten como obxectivo combinar deporte e cultura. Tamén decoraron cunchas de vieira con motivos galegos.