O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para o Campamento urbano “Támega” - 2022 Imprimir
Mércores, 25 Maio 2022 11:34

 Mañá xoves 26 de maio o Concello de Verín  abre o prazo de inscrición para o Campamento Urbano “Támega” actividade destinada a menores de 11 a 14 anos, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil.

Este servizo de conciliación familiar, que busca cubrir o tempo vacacional dos cativos e cativas, comezará o 27 de xuño e finalizará o 7 de setembro. Estará dispoñible de luns a venres, con variedade de horarios, con distribución por idades e contratación de persoal cualificado fomentando o emprego xuvenil (dous monitores e monitoras de tempo de lecer, ademais de voluntariado xuvenil e persoal en prácticas.)

Ao igual que estes pasados anos ofertaranse un amplo abano de horarios e prezos:


HORARIO DE 9:30 A 14:00 HORAS

 

 

EMPADROADOS

NON EMPADROADOS

SERVIZO COMPLETO

133

163

METADE SERVIZO

67

97

QUINCENA

55

85

SEMANA

25

55

DÍAS SOLTOS

7

12

 

O Campamento Urbano destinado a menores de 11 a 14 anos  realizarase nas dependencias municipais Pavillón da Granxa e do Pavillón de Deportes.

Algunhas das actividades a realizar son acampadas nocturnas, rutas de sendeirismo, xogos olímpicos, xogos tradicionais, piscina, piragüismo, obradoiros de pintura, saídas ao río, skatepark, bicicletada, rutas de sendeirismo para coñecer, desfrutar e aprender da diversidade e patrimonio de Verín e comarca, xymcanas por Verín, actividades en igualdade, torneo de ping-pong, recuperación da excursión a Natur Water park, bailes tic toc e un senfín de xogos variados: xogos de pista, atrapa a bandeira, carreiras de obstáculos, bombas de auga, balón prisioneiro, macedonia, o grito da selva, festival de cinema infantil, etc.

As solicitudes cubriranse na Oficina Municipal de Información  Xuvenil, na Casa da Xuventude (Avda. Portugal 11, 1ª planta - Porta 15), en horario de 8:30 a 14:30 horas. Preferencia para pais/nais que teñan que conciliar vida laboral e familiar e famílias monoparentais  por orde de inscrición e pago ata cubrir  prazas.   Para máis información contactar no 988-414776.