O Concello de Verín abre a inscrición para os expositores das feiras do Lázaro Imprimir
Venres, 11 Marzo 2022 12:09

O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para os expositores das feiras de alimentación e artesanía do Lázaro, que terán lugar os días 2 e 3 de abril no Pavillón de Deportes de Verín. Todas as candidaturas deberán ser formalizadas antes do 21 de marzo de 2022.


DESCARGA AQUI A FOLLA DE INSCRICIÓN PARA A FEIRA DO LÁZARO 2022

 

Datos do Evento

Data do Evento: 2 e 3 de abril de 2022.

Localización: Pavillón de Deportes de Verín (Rúa Irmáns Moreno, s/n) – 32600 Verín (Ourense).

 

Horario de Funcionamento:

Sábado, 2 de abril en horario de 10:00h a 14.00h e de 16:00h a 20:00h.

Domingo, 3 de abril en horario de 10:00h a 14.00h e de 16:00h a 20:00h.

Peche do recinto feiral ao mediodía de 14:00h a 16:00h.

 

Candidaturas:

As candidaturas deberán ser formalizadas antes do 21 de marzo de 2022.

A Folla de Inscrición e os xustificantes bancarios entregaranse por un dos seguintes medios:

 

  • Por rexistro do Concello de Verín -no andar baixo da casa consistorial (Praza do Concello s/n).

 

 

 

  • Na oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Verín (planta baixa)

 

  • Por fax: 988 41 19 00

 

As inscricións que se queiran realizar e estean fora de prazo deberán ser consultadas previamente coa organización para revisar a dispoñibilidade dos stands.

 

A organización poderá rexeitar as candidaturas que non se atopen no ámbito do evento.

 

 

 

 

A candidatura só será efectiva unha vez, que sexa aceptada e confirmada a participación pola organización e realice o pagamento tras a inscrición previa, nun prazo máximo de cinco días hábiles. Deberase enviar o xustificante de pagamento á organización.

 

Valor da inscrición:

 

Aluguer de stands (medidas únicas de 3x3m) 9m2 de espazo

70 €

Aluguer de Mobiliario (opcional) Mesa con 2 cadeiras

 

30 €

Estante con andeis (medidas: 1 x 2,50 x 0,50)

35 €

Mostrador (medidas: 1x1x0,50)

35 €

 

Formas de Pagamento:

 

En efectivo (ingreso na Tesourería do Concello de Verín – planta baixa)

Transferencia bancaria: nº de conta ES11-2080-3567-6230-4000-1312 (ABANCA)

 

Importante indicar no CONCEPTO: FEIRA LÁZARO 2022 e o Nome do Participante ou Stand

 

Distribución e Normas nos Stands

A asignación e localización dos stands son responsabilidade da organización, en función do sector da actividade e dos produtos das candidaturas seleccionadas, tipo de expositores e dispoñibilidade de espazos; e terán prioridade por orde de entrada da solicitude e pagamento efectivo.

 

A montaxe e decoración dos stands deberán ser realizadas ata ás 9:30 do sábado día 2 de abril. A desmontaxe deberá ser realizado a máis tardar o luns día 4 de abril ás 11:00 horas.

A decoración, limpeza e seguridade dos stands é responsabilidade dos/das ocupantes.

 

Está prohibido expor materiais fóra dos espazos respectivos do propio stand, así coma calquera tipo de publicidade. Evitando entorpecer os corredores, debendo quedar libres en todo momento para non impedir a circulación libre dos/das visitantes.

 

A carga e descarga da mercadoría exposta nos stands deberá realizarse nas primeiras horas de apertura do pavillón e/ou últimas horas para evitar ocasionar molestias aos/ás visitantes nos corredores.

 

A reposición de mercadoría, durante o horario de funcionamento do evento, deberá ser comunicada a organización para a correspondente autorización.

 

É obrigatoria a presenza dunha persoa no respectivo stand, 5 minutos antes da hora de apertura e ata a hora de peche.

 

O/A participante non pode ceder a calquera título, oneroso ou gratuíto, o seu dereito de ocupación do stand.

 

As paredes dos stands son en melanina branca, polo cal está prohibido perforar as mesmas.

 

Os Produtos

O acondicionamento e o envoltorio dos produtos deberán ser realizados en embalaxes adecuados, limpos e de material inocuo.

 

Os expositores son responsables da calidade do produto vendido.

 

Consideracións Finais

 

  • Os/As participantes quedan obrigados/as a cumprir as normas de carga e descarga e limitacións de aparcamento que sexan definidas pola organización.
  • A sinatura da folla de inscrición implica a aceptación de tódalas cláusulas destas condicións de participación.
  • A organización non se responsabiliza dos danos ou desaparición de obxectos dos stands durante o horario de funcionamento do evento.
  • A cancelación da participación por parte do expositor deberá ser presentada por escrito a organización solicitando a posibilidade de devolución do importe satisfeito.
  • A organización declina calquera responsabilidade ante o incumprimento das condicións de participación e se reserva o dereito de tomar as medidas oportunas en caso de incumprimento dalgunha das condicións de participación.

 

Seguridade

Haberá seguridade durante as dúas noites da feira así como ao mediodía.

As noites báixanse os automáticos da luz, polo que calquera información a maiores que deba estar en coñecemento da organización, rógase que se faga saber.

 

Datos de Contacto da organización do evento:

CONCELLO DE VERÍN

Praza do Concello, nº 1, Verín

Tlf. 988 410 000 - 988411900

e-mail:  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Persoas de contacto: Marisa e Julia

 

Por motivos de protección de datos de carácter persoal infórmase aos participantes que coa súa firma na folla de inscrición, os seus datos serán incorporados a un Rexistro de Actividades de Tratamento de Xestión Municipal do Programas de Promoción Económica, o tratamento dos seus datos farémolo co único fin de xestionar o devandito servizo, si desexa acadar máis información do tratamento de datos, pode consultar https://verin.sedelectronica.gal tamén ten dereito, a: obter confirmación de se estamos tratando os seus datos persoais, o dereito de acceso, a rectificar e suprimir os datos, solicitar a portabilidade dos mesmos, a opoñerse o seu tratamento e solicitar limitacións deste, para isto pode dirixir solicitude a este Responsable de Tratamento no seguinte enderezo: Praza. do Concello, 1 VERÍN (32600) (Ourense), tamén por vía mail sec Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . As solicitudes deberán dirixirse a Delegada de Protección Datos, facendo referencia ao dereito que pretende exercer e achegando copia do seu DNI/NIF ou documento que o/a identifique.