45 actuacións musicais itinerantes e unha vintena de actividades infantís conforman a programación do Entroido de Verín 2022 Imprimir
Martes, 15 Febreiro 2022 13:16

  Program Entroido Verín Esta mañá, o Concello de Verín presentou a que será a súa  programación oficial do Entroido 2022. A pesar de non organizarse ningún evento masivo -coa finalidade de evitar as aglomeracións de xente- será un ano no que, con máis de cen horas programadas de música na rúa, a festa e a diversión están aseguradas.

Desde o xoves 17 de febreiro (compadres) ata o 1 de marzo (martes de entroido), programaranse un total de 45 actuacións musicais itinerantes conformadas por charangas música tradicional e brass band.

Por outra banda, e como novidade, este ano potenciaranse as actividades destinadas aos máis pequenos da casa axendando o luns 28 de febreiro máis dunha vintena de propostas variadas, que terán lugar nas prazas García Barbón e Merced.