A Xunta de Galicia actualiza as medidas para facer fronte á COVID19. Imprimir
Venres, 28 Xaneiro 2022 13:55

 Galicia recupera a mobilidade nocturna de persoas non conviventes e amplía os horarios de hostalaría e lecer nocturno.

As medidas entrarán en vigor ás 00:00h deste sábado, 29 de xaneiro, e estarán vixentes ata o día 12 de febreiro ás 00:00h.

certificado covid será obrigatorio para acceder á hostalería, restauración e lecer nocturno.


 

Hostalaría

Amplíanse os horarios ata a 01:00h da madrugada de domingo a xoves, e ata a 01:30h na fin de semana.

Mantense o límite de 8 persoas por mesa en interiores e aumenta a 15 no exterior.

Permítese o consumo en barras e a realización de cócteles de pé

 

Lecer nocturno

O horario de apertura ampliarase ata as 04:30h da madrugada durante a semana e ata as 05:00h na fin de semana.

 

Acceso á orde do DOG

https://bit.ly/34aQ0ib