O Concello de Verín impartirá dous cursos gratuítos para desempregados: Socorrismo en Instalacións Acuáticas e Atención Socio-Sanitarias a Persoas Dependentes Imprimir
Xoves, 07 Outubro 2021 09:27

 O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para dous cursos  AFD' S (Formación para desempregados): Un Curso de Socorrismo en Instalacións Acuáticas e outro de Atención Socio-sanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Locais.

Os requisitos de acceso para ambos os cursos, que comezan e 2 de novembro, serán a posesión do título da ESO ou de competencias clave NIVEL 2, así como o certificado de estar rexistrado no INEM como desempregado. As persoas que superen devanditos cursos conseguirán o Certificado de Profesionalidade, NIVEL II.

As persoas interesadas en inscribirse pode facelo na segunda planta do  Concello de Verín


-  CURSO DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS  ACUÁTICAS (do 2 novembro ao 11 de marzo 2022).

• Horario: realizarase polas mañás na aula 1 da Casa da  Xuventude (9.00 a 14.00 horas)

 

CURSO DE ATENCIÓN SOCIO-SANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS (do 02 de novembro ao 29 de marzo 2022).

• Horario: realizarase pola tarde, de 16.00 a 21.00 horas, na aula 1 da Casa da  Xuventude