O Concello de Verín abre a inscrición para un curso de Ximnasia Rítmica Imprimir
Sábado, 02 Outubro 2021 11:01

 A concellaría de Deportes do Concello de Verín abre, do 4 ao 15 de outubro, prazo de inscrición para o curso de Ximnasia Rítmica 2021/2022. A lista de admitidos confeccionarase por rigorosa orde de presentación das solicitudes. Para a prestación do servizo de cada unha das modalidades deportivas ofertadas será necesario que a porcentaxe de rexistrados na actividade consiga o mínimo pertinente considerado pola organización.)

Todas as persoas interesadas en inscribirse  deberán enviar asinada a documentación anexa ao final deste artigo ao mail das escolas deportivas: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . No caso de non enviar algún dos documento solicitados, o menor non poderá iniciar a actividade deportiva.

Para máis información, ademais de consultar a páxina web municipal, todos os interesados poden chamar ao teléfono 660 776 564.

As actividades que englobarían este club estarán destinadas a menores de entre 4 e 16 anos, divididos en dous grupos: os menores de 4 a 6 anos poderán gozar de actividades físicas de base, mentres que aqueles que teñan entre 7 e 16 practicaran a  modalidade de ximnasia rítmica.

Entre os beneficios deste deporte  podemos atopar a mellora da condición física e da flexibilidade e a estimulación da coordinación e da concentración. Axuda a conectar co espazo e o tempo, a coñecer  o propio corpo e os seus movementos e a corrixir malas posturas. Trátase dunha actividade física completa que se converte nunha alternativa perfecta para que os máis pequenos se manteñan activos  mellorar así a súa calidade de vida.


DOCUMENTOS:

- Autorización Mensaxería e Imaxes

- Declaración de resposabilidade

- Ficha inscripción EDC Verín Ximnasia

- Normas EDC Verín Ximnasia


- TODOS OS DOCUMENTOS COMPRIMIDOS EN ZIP